Seguindo a convocatória de Stop Desafiuzamentos de Lugo o 4 de decembro varios centos de personas concentrámonos diante da subdelegación do goberno. Denunciamos a ausencia no decreto aprobado polo goberno do PP de medidas reais para solucionar a situación de desprotección na que están a maioría das familias en proceso de desafiuzamento.
Para facerse unha idea da ineficacia do novo Decreto valen dous
exemplos próximos. Esta semana contactaron dúas persoas coa nosa
plataforma. Persoas que no seu dia contrataron un crédito hipotecario
para mercar unha vivenda e que actualmente se atopan en situación de
desemprego sen prestación. Unha desas dúas familias, malia ter sido
expulsada da súa casa, ficou con unha débeda de mais de 50.000 euros. Na
outra, de producirse o desafiuzamento, un matrimonio de setenta anos
que percibe unha pensión que non chega aos 700 euros iria ficar na rúa.
Pois ben, malia que todos podamos entender que ambas familias se
encontran nunha situación dramática e inxusta, ningunha delas se vería
beneficiada en ningún modo polo decreto de Rajoy.
Na concentración contamos coa participación da Plataforma de Afectadas/os polas Preferentes de Lugo, vítimas doutra estafa bancária, e da Asemblea de Desempregad@s de Lugo ademais doutros colectivos políticos, sindicais e sociais.
Sem comentários:
Enviar um comentário