Stop
Desafiuzamentos Lugo nace como resposta a unha situación dramática
que afecta a miles de familias: a perda da súa vivenda. En Galiza,
preto de 6.000 familias foron despoxadas da súa vivenda nos últimos
catro anos. Só en 2011 houbo preto de 2.000 desafiuzamentos no noso
país, un 80% mais dos que houbera en 2008. No conxunto do Estado
foron máis de 58.000 durante 2011. Non lle importa ás
élites económicas e políticas aparcar a súa propia
Constitución cando é no seu beneficio.
As
familias son as vítimas dun sistema que as levou na década anterior
ao estalido da crise a un crecente endebedamento. Os prezos da
vivenda duplicáronse entre 1997 e 2007. O importe das hipotecas
triplicouse. A parte dos seus ingresos que as familias tiñan que
destinar a pagar a hipoteca aumentou notabelmente.
Cando
se sofre un desafiuzamento non só se perde a vivenda, na imensa
maioría dos casos antes de perder a vivenda as familias restrinxen o
consumo ao mínimo para poder seguir pagando a hipoteca, pondo en
perigo o mantemento dunhas condicións de vida digna. Ademais en boa
parte dos casos despois de sufrir o desafiuzamento acaban tamén
sufrindo unha condena financeira para sempre. Se a poxa fica deserta
a entidade bancaria adxudícase a vivenda polo 60% do valor de
taxación e segue reclamando o pagamento da débeda restante, mais os
xuros e costas xudiciais, permitindo a lexislación o embargo de
nóminas, contas, etc, e o embargo das/os avalistas. Ademais de
perder a vivenda, miles de familias enfróntanse a unha condena
financeira froito dun fraude hipotecario xeralizado e dunha
lexislación hipotecaria deseñada para o beneficio da banca. Así e
todo, os preto de 180 desafiuzamentos paralizados en todo o Estado
desde maio de 2011 por parte do movemento cidadán demostran que non
todo está perdido fronte os abusos da banca.
Stop
Desafiuzamentos Lugo ofrece apoio ás persoas que estean pendentes de
desafiuzamento no caso de residencia habitual. Pretendemos ofrecer
apoio e aconsellamento legal ás persoas e familias que están en
risco de seren despoxadas da súa vivenda, mediar entre os bancos e
as persoas afectadas para encontrar unha solución axeitada.
Se
estás pendente de desafiuzamento e precisas axuda, escríbenos ao
correo stopdesafiuzamentoslugo@gmail.com ou chama ao número de móbil 657 774 623
Sem comentários:
Enviar um comentário