O próximo venres 18 de xaneiro ás 11:30h terá
lugar na sala Sargadelos unha rolda de prensa conxunta da familia de Xosé e
Isolina con STOP Desafiuzamentos Lugo para explicar os motivos desta denuncia
pública.
Estamos
ante un caso dramático, especialmente cruel polas circunstancias das vítimas,
no que existen indicios suficientes de utilización de falsidades periciais
varias como a cualificación de antigas abandonadas e sen valor das
edificacións, entre as que se encontra a vivenda habitada polos dous anciáns
desde fai décadas. Todo isto apunta á existencia de presuntos ilícitos penais
que provocan o embargo e intento fraudulento de desafiuzamento, cun lucro
totalmente desproporcionado para o embargante, que multiplica por mais de
corenta ou cincuenta veces a débeda inicial reclamado fai tres anos -1.850
euros- ata superar desposesións e danos por valores moi superiores aos cen mil
euros.
Por estes
motivos reclamamos:
1.- Ao Xulgado
de 1ª Instancia nº 4 de Lugo que actúe coa máxima celeridade e poña fin
inmediatamente á cruel e intolerable angustia desta familia, suspendendo
inmediatamente un procedemento de desafiuzamento que nunca debeu ser iniciado e
dando traslado do procedemento á Fiscalía para a investigación e depuración das
responsabilidades penais que procedan
2.- Á Fiscalía
de Lugo que abra inmediatamente dilixencias para a investigación das
circunstancias presuntamente criminosas (entendemos que falsidade documental e
estafa procesal) e depuración de responsabilidades
Por último,
resaltar a preocupante realidade de que a aplicación nos xulgados da
lexislación hoxe vixente permita fraudes e atrocidades como esta, que puido ter
acabado fatalmente coa vida dos dous anciáns de non ser polo inmediato apoio
familiar e a rápida reacción de denuncia pública iniciada pola filla do
matrimonio afectado María José.
Folla do PXOM onde especifica as características do núcleo rural da Malladoira, en clara contradición co documento pericial. |
Sem comentários:
Enviar um comentário